Os pasos da Confraría de Xesús Nazareno de Viana do Bolo percorrían as rúas da vila na noite deste 2 de abril. Ás 22:30h. saía dende a igrexa parroquial de Santa María a tradicional procesión do Prendemento, coa participación de numerosas persoas.
A imaxe do Nazareno precedida polo son do grupo de Tambores da parroquia de Viana do Bolo. Despois, ás 23:30h. estaba prevista a celebración da Hora Santa. Tamén neste 2 de abril a parroquia de Viana celebraba ás 19:30h. a misa da “Última Cea”.
Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

