ConcellosO BarcoÚltima hora

Tráfico regulado por obras, na rotonda de entrada ao Barco desde a N-120 por Veigamuíños

 

Dende o luns 5 de outubro o tráfico está a ser regulado na rotonda de entrada ao Barco de Valdeorras desde a N-120 por Veigamuíños (a carón do Lid’l), debido ás obras que se están levando a cabo. Un dos carrís da rotonda está habilitado para entrar na vila e o outro para saír, quedando cortado o acceso directo á superficie comercial á que debe accederse por un desvío, dende Veigamuíños.

Tal como explica o alcalde do Barco, Aurentino Alonso, trátase da mesma obra que están desenvolvendo coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. “Estase actuando en distintos puntos da rede de saneamento e augas pluviais e a da rotonda forma parte do mesmo conxunto de obras”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button