ConcellosO BarcoÚltima hora

Trasladada en helicóptero unha persoa tras ser rescatada nunha zona de difícil acceso no Barco

Helicóptero do 061 no campo de fútbol de Calabagueiros, no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

No mediodía deste xoves 12 de febreiro unha persoa era trasladada en helicóptero tras ser rescatada nunha zona de difícil acceso no Barco de Valdeorras.

Tal como indican dende o 112 Galicia, arredor das 13:15 horas, un particular contactaba con eles para informar de que “un compañeiro comezou a atoparse indisposto mentres baixaban do miradoiro das Tres Marías por unha pista, na parroquia de Forcadela e Nogaledo. Era unha zona de difícil acceso”.

Con esta información desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informaban ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, “que mobilizou o helicóptero de Ourense ata un lugar próximo ao que se atopaba a vítima”. Tamén acudiron os Bombeiros e o GES de Valdeorras, a Garda Civil e a Policía Local.

“A vítima era evacuada ata un campo de fútbol próximo, onde agardaba o helicóptero para trasladala”, conclúen dende o 112.

Back to top button