OurenseÚltima hora

Trasladada en helicóptero unha persoa tras unha colisión entre unha moto e un coche en Lobeira

 

Na tarde deste sábado 27 de decembro unha persoa resultaba ferida de gravidade, tendo que ser trasladada en helicóptero, tras un accidente de tráfico rexistrado no concello de Lobeira.

Tal como indican dende o 112 Galicia, o sinistro producíase na estrada OU-1212, no punto quilométrico aproximado 8. “Tivemos coñecemento do suceso ás 16:15 horas, a través da chamada dun particular non implicado no accidente que alertaba dunha colisión entre un coche e unha motocicleta, cunha persoa ferida”, explican, indicando que de inmediato, desde a sala de operacións “informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Muíños e á Garda Civil de Tráfico”.

Unha vez no lugar, “o persoal sanitario decidiu mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense para o traslado do ferido, que presentaba feridas de carácter grave, xa que, segundo indicaron os equipos de emerxencia, a colisión foi frontal, provocando que un dos vehículos implicados impactase contra un muro”.

 

Accidente. /Foto cedida.
Back to top button