
Unha persoa que sufría unha caída polas escaleiras este mediodía no municipio de Avión era trasladada en helicóptero. O suceso tiña lugar na parroquia de Nieva, no lugar de Oroso.
“O 112 Galicia recibiu o primeiro aviso por mor deste incidente arredor das 12:20 horas. Segundo indicou un particular, unha persoa precisaba asistencia sanitaria logo de caer polas escaleiras e sufrir danos cunha botella. Rapidamente, o 112 Galicia informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Avión, á Garda Civil e á Policía Local”, segundo indica o 112 Galicia.
A persoa ferida tivo que ser atendida polo persoal sanitario. Posteriormente sería trasladado ata o hospital a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, seguindo a información do 112 Galicia.