A VeigaConcellosÚltima hora

Trasladadas ao hospital do Barco dúas persoas con síntomas de intoxicación no concello da Veiga

 

Na madrugada deste sábado 31 de xaneiro dúas persoas eran trasladas con síntomas de intoxicación na Veiga, segundo o 112 Galicia que indica que pudo ser debiro a “un xerador de gasolina”.

Tiñan constancia do suceso arredor da unha e cuarto “grazas á chamada dos membros do GES da Veiga que informaban da súa saída, por precaución, coa quitaneves para un traslado sanitario en Requeixo (Santo André), no concello da Veiga”.

Así unha vez rematado o traslado sanitario, os membros do GES indicaron aos xestores de emerxencias que “se tratou dun traslado de dúas persoas ao Hospital Públcio Valdeorras, que presentaban síntomas de intoxicación procedentes dun xerador de gasolina”.

Con todo, desde o 112 Galicia informaban aos Bombeiros de Valdeorras e aos efectivos da AVPC da localidade. Igualmente, “contactouse co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que confirmou o traslado dos dous pacientes ao centro hospitalario”.

Back to top button