Esta mañá de 29 de maio unha persoa sufría unha picadura de avispa en Casaio (Carballeda de Valdeorras) arredor das 10h. O 112 Galicia era alertado polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pasadas as 10:30 horas.
Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse ao GES de Valdeorras e á Policía Local do Barco de Valdeorras. Ata o punto tamén se desprazou unha ambulancia, aínda que o ferido foi finalmente evacuado na aeronave medicalizada con base en Ourense ao Hospital de Valdeorras.
O helicóptero chegaba ao campo de fútbol de Calabagueiros do Barco e dende alí o ferido era trasladado en ambulancia ata o Hospital Público de Valdeorras, na mesma vila, para recibir atención sanitaria.
