
Na mañá deste martes 26 d agosto producíase un accidente de tráfico no que se vían implicado un vehículo militar e un camión de gando en Trasmiras co resultado de dúas persoas feridas, unha delas evacuade en helicóptero.
Así o indican dende o 112 Galicia, explican que o accidente tiña lugar arredor das 11:20 horas, no quilómetro 183 da A-52. “Tratouse dunha colisión por alcance entre un camión de gando e outro militar, de maneira que o segundo caeu por un terraplén logo de colidir”, din os xestores do 112 que con estes datos, informaban ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Xinzo de Limia e á Garda Civil de Tráfico.
“Os medios desprazaron confirmaron que non había atrapados, porén, si que resultaran feridas dúas persoas do camión militar. Unha delas foi evacuada mediante o helicóptero medicalizado con base en Ourense, mentres que á outra trasladouna o persoal sanitario a bordo da ambulancia”.