OurenseÚltima hora

Trasladado en helicóptero un ferido nunha saída de vía na Merca

Foto do accidente, cedida pola Garda Civil.

 

Na mañá deste domingo 16 de novembro producíase unha colisión na Merca, con dous feridos, un dos cales tiña que ser excarcerado e trasladado en helicóptero, tal como informann dende o 112 Galicia que tiña constancia do accidente uns minutos despois das 11 horas.

“Segundo indicou un alertador, un vehículo quedara envorcado logo de sufrir unha saída de vía no quilómetro 2 da AG-31. Un ocupante estaba atrapado no interior”, din desde a Sala de Operacións do 112 Galicia, de onde solicitaban a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Terras de Celanova e da Garda Civil de Tráfico.

 

 

“Foi preciso empregar o material de excarceración para liberar a vítima, a cal sería trasladada a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense”, explican, destacando que “tamén foi trasladado outro ferido que puido saír do coche accidentado polo seu propio pé, aínda que neste caso foi evacuado en ambulancia”.

 

 

Back to top button