OurenseÚltima hora

Trasladado en helicóptero un home que era rescatado do río, en Piñor, polos servizos de emerxencia

Arredor das 11:30 horas deste luns 8 de xuño o 112 Galicia atendía unha petición de colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por mor dunha persoa que aboiaba na auga do río en Reda, A Canda, no concello de Piñor. “Era necesario o rescate para prestar asistencia médica a un señor que flotaba na auga e parecía estar aínda con vida”, explian os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia que avisaron aos Bombeiros do Carballiño, así como aos da Garda Civil.

 

 

“Os efectivos do Parque Comarcal de Bombeiros sacaron a persoa do río e os profesionais sanitarios comezaron coas labores de reanimación, pois entrara en parada cardiorrespiratoria”, explican dende o 112 indicando que, finalmente, “o señor foi evacuado con vida no helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Back to top button