OurenseÚltima hora

Trasladado en helicóptero un operario tras resultar ferido nun ollo en Cortegada

 

Arredor das 12h. deste 10 de abril o 112 Galicia recibía o aviso dun particular solicitando asistencia sanitaria para un traballador nunha nave do polígono industrial A Cancela, situado en Cortegada. Segundo indicaba, ao operario saltáralle algo nun ollo mentres estaba traballando.

Foi entón cando desde o 112 Galicia procedeuse a informar do sucedido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen mobilizou ao seu persoal nun helicóptero medicalizado, con base na capital da provincia de Ourense, ata o punto. A maiores, tamén foron informados os axentes da Garda Civil, os membros do GES de Ribadavia e os efectivos de Protección Civil.

Con todo, o operario tivo que ser trasladado pola aeronave ao centro hospitalario de referencia, tal e como informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button