Pasadas as 13:00 horas deste luns 12 de agosto, o 112 Galicia recibía a alerta, despois de que unha persoa contactase co GES de Ribadavia, “ao divisar a un rapaz nun río, posiblemente inconsciente”, segundo indicou.
Os membros do GES desprazáronse ata o lugar, preto do muíño do río Avia, en San Cristovo de Regodeigón. Tamén se mobilizaron ata o punto o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Policía Local, despois de ser informados polos xestores do 112 Galicia.
“Trala súa chegada, os membros do GES rescataron á persoa da auga e comezaron a practicarlle as manobras de reanimación. Pola súa parte, as urxencias sanitarias acudiron ata o lugar co helicóptero medicalizado con base en Ourense, no que se trasladadaría á vítima ata o hospital de referencia”, tal e como informa o 112 Galicia.