Mes de tormentas e treboadas no Barco de Valdeorras. Pasadas as 21:15 horas deste venres 24 de abril, cinco días despois da última, unha treboada volvía sorprender aos viandantes polas rúas da vila. Dende o alto de Vilamartín, viase como a tormenta descargaba.
O trono soaba ao lonxe pero a auga aínda seguía caendo, con menos forza iso si, media hora despois.
Fotos e vídeo: O SIL.