Tremiñá (O Barco) propón nesta fin de semana unha singular viaxe polas tradicións ata remontarse ao medievo. A música, os xogos populares, os postos de artesanía, antigos oficios e mesmo o teatro envolven as súas rúas nun ambiente moi especial que atrae a numerosas persoas. Ás seis da tarde deste 13 de xullo cobraba vida o XVI Mercado Medieval de Tremiñá-Veigamuíños, unha edición que rende homenaxe a Modesto.
Máis de medio cento de postos que expoñen e venden produtos gastronómicos, pero tamén artesanía ou libros, enchen as estreitas rúas de Tremiñá, engalandas para a ocasión con estandartes e animadas pola música nunha celebración que continuará ata a tardiña do domingo.
Ademais arredor das sete da tarde tiña lugar unha demostración de oficios tradicionai, media hora despois chegaba o teatro e xa polas oito a Bandina Los Trimendos enchía de ritmo a feira.
A programación continuará mañá dende as 12h. do mediodía.
Fotos A.R.


