ConcellosO BarcoÚltima hora

Tremiñá-Veigamuíños (O Barco) rememora o medievo co seu XVII Mercado Medieval

Terá lugar na fin de semana do 12 e 13 de xullo con medio cento de postos, obradoiros e novidades como unhas Olimpíadas medievais

Demostración de fiada na pasada edición do Mercado Medieval de Tremiñá./ Foto: A.R.

Conta atrás para unha nova edición do Mercado Medieval de Tremiñá-Veigamuíños (O Barco), previsto para a fin de semana do 12 e 13 de xullo. Na mostra, promovida polo colectivo “Tremiñá no mapa”, contará con ata 56 postos e despregará un amplo programa de actividades con obradoiros, música, xogos populares, sorteos, contacontos, teatro, a tradicional malla e mesmo, como novidade, unhas Olimpíadas medievais na mañá do domingo.

A distribución dos diferentes postos, zonas e o programa de actos será o seguinte

 

 

Así a mostra cobrará vida a partir das 18h. do sábado 12 de xullo con xogos tradicionais, despois virá o pregón de Jorge Vidal e, a continuación, o torneo de bolos e, xa ás 19h. un espectáculo de malabares.

Outra das propostas será o obradoiro “Crea o teu terrario” (sábado ás 19,00 horas). Non faltará tampouco un pasarrúas, unha demostración de fiada, a presentación dun libro e un espectáculo de lume, ademais de cine ao aire libre.

 

Demostración de malla e actuación de Abertal, no mercado./ Foto: O SIL.

 

Xa o domingo, a feira abrirá ás 12h. e logo virán as “Olimpíadas medievais”. Ademais impartirase un obradoiro infantil de pintura ao temple, a que se realizaba nos manuscritos medievais (ás 12,30 horas e ás 18,00 horas para o público adulto) e música dos Parrandas.

E, pola tarde, sobresaen propostas como un pasarrúas da man de Abertal, a final de bolos, demostracións de traballo en madeira, malla e unha homenaxe.

 

Back to top button