
Roberto Álvarez, Noé Blanco e Enrique Prada, son tres artistas valdeorreses que en decembro amosarán parte da súa obra nunha exposición conxunta que combinará foto, colaxe, pintura e debuxo, ademais de traballar en paralelo con obras de arte que unen vida, pensamento e creación.
Os tres exporán a súa visión da arte cunha peculiar idea en común: “a arte como un constante desenvolvemento igual que a identidade do propio artista de cada un”, non como algo fixo e preestablecido onde só as normas rexen o camiño. É a mesma vivencia, a expresividade, os estímulos o que forma a nosa concepción propia do que podemos crear cos nosos traballos artísticos. O trazo máis parecido entre estes tres artistas para levar a cabo unha exposición conxunta é a práctica da introspección, entendendo esta como un medio de conceptualizar ou de englobar unha serie de traballos que recorren a ese penetrarse no seu eu interior para chegar a cousas tan interesantes como o autoconocimiento e a innovación.
Baixo o título ‘Descubrir/Revelar/Exteriorizar’ poderá verse do 5 ao 19 de decembro no Teatro Lauro Olmo. A inauguración será o venres día 5 ás 19 horas.
