
Os centros CPR Santa María-Maristas, o CPR Divina Pastora e CPR María Auxiliadora-Salesianos de Ourense, foron seleccionados para participar na V Liga Maker Drone, unha competición tecnolóxico-educativa impulsada pola Fundación Barrié e ITG que congrega a centros educativos de toda Galicia co obxectivo de fomentar as vocacións STEM entre alumnos de 2º de ESO.
Os preto de 180 alumnos e alumnas que foron seleccionados para participar na V Edición da liga Maker Drone coñecerán o próximo 30 de outubro nunha xornada formativa na Coruña o reto exposto polos promotores desta iniciativa e que poñerá a proba a creatividade, enxeño e capacidade dos participantes para traballar en equipo.

A formación tecnolóxica representa case o 50% desta iniciativa xa consolidada que se desenvolve ao longo do curso escolar. Así, os participantes reciben unha sesión de introdución á pilotaxe de drons, con formación teórico-práctica sobre a seguridade, o uso, montaxe e mantemento de drons; tres sesións de formación sobre materiais e a súa fabricación, mecatrónica e sistemas avanzados; e tres sesións de adestramento en voo. Ademais, os equipos contan con dous kits dron, o soporte técnico e os recursos necesarios para desenvolver a solución ao reto exposto.
En total foron seleccionados 18 centros das catro provincias galegas.