
Con música comezará o programa de tres días de celebración no barrio barquense de San Roque para honrar ao santo que lle dá nome. Así para esta noite de 14 de agosto, a partir das 20h. o ambiente estará animado por Suso Dj e haberá empanada á venda.
Para mañá, 15 de agosto, o programa inclúe a actuación de Hainoa Dj ata a madrugada e haberá bocadillos de chourizo ou panceta á venda. Xa o día grande da festa, o 16 de agosto, ás 12h. terá lugar a procesión coa imaxe de San Roque polo barrio e, pola tarde, ás 20h. terá lugar a actuación do grupo Los Adrianos.