ConcellosMaceda, RiósÚltima hora

Tres persoas resultan feridas tras saírse da vía en Maceda

 

Na mañá deste xoves 24 de xullo tres persoas resultaban feridas, tras saírse da vía en Maceda, segundo indican dende o 112 Galicia, explicando que os equipos de emerxencia “tiveron que intervir para liberar ao condutor e ao acompañante do turismo”.

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 10:55 horas, cando un particular alertaba dunha saída de vía na OU-104, no quilómetro 5, ao seu paso polo concello ourensán de Maceda. Segundo indicaba o alertante, “no interior do vehículo había varias persoas feridas”.

Desde o 112 Galicia mobilizábase ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Maceda, aos Bombeiros de San Cibrao, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil. “Unha vez no punto, os equipos de intervención confirmaron a necesidade de empregar o material de excarceración para liberar ao condutor e ao acompañante do turismo”, din dende o 112, indicando que estas dúas persoas, xunto con outra que tamén precisou asistencia, “foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia”.

Back to top button