OurenseÚltima hora

Tres persoas resultaron feridas nunha colisión entre dous coches en Cualedro

 

Na mañá deste sábado 18 de outubro tres persoas resultaban feridas nunha colisión entre dous coches en Cualedro, tal como indican dende o 112 Galicia, puntualizando que “unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Verín”.

Dez minutos antes das 11 horas, o 112 Galicia tivo constancia dun accidente no quilómetro 5 da OU-1018 (parroquia de Rebordondo) a través da chamada dun particular. “Desde o primeiro momento, o alertador sinalou que tres persoas precisaban asistencia sanitaria e unha delas permanecía atrapada nun dos coches”, explican dende o 112.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, os Bombeiros de Verín e a Garda Civil de Tráfico, así como os servizos de mantemento da estrada. “Os bombeiros encargáronse de liberar á persoa atrapada, que era incapaz de abrir a porta do vehículo e os tres feridos foron evacuados ao hospital de referencia”, din dende o Axega.

Back to top button