DeportesFútbolÚltima horaVídeos

Tres puntos máis para o CD Córgomo Vilamartín tras vencer 3-1 ao CD Brollón

 

Cuarta vitoria consecutiva para o CD Córgomo Vilamartín. Na tarde deste domingo 8 de febreiro o conxunto verdibrando sumaba tres puntos máis tras superar 3-1 ao CD Brollón no Bañadoiro, un campo de fútbol que dende hai tres semanas conta cun pequeno espazo detrás dunha das porterías cuberto con bancadas.

Nun terreo enchoupado tralas intensas e continuas chuvias que hoxe daban unha tregua, eran os locais os que se adiantaban no marcador co primeiro gol de Gorka no minuto 31 aínda que sobre o pitido do descanso, no 45′ os do Brollón empataban, rematando a primeira parte co 1-1.

 

 

Tralo paso polo vestiario, os lucenses marcaban en propia meta no minuto 50, sentenciando o partido o tanto de Álex no minuto 82.

Con este resultado e trala vitoria do líder, o Verín CF, os valdeorreses mantéñense no segundo posto da clasificación en Primeira Futgal. O seguinte partido será no campo do CD Maceda.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button