DeportesÚltima hora

Tres valdeorreses na selección galega Sub16 que irá ao nacional por federacións en Alacante

Mateo Valcarce, Tania Peláez e Paula Cela./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Federación Galega de Atletismo (FGA) convocaba e facía pública a finais de setembro a listaxe de atletas que integrarán a selección Sub16, que representará a Galicia no Campionato de España de Federacións o vindeiro 4 e 5 de outubro en La Nucía.

Dela forman parte tres valdeorreses do Club Adas Cupa do Barco: Tania Peláez (en remudas), Mateo Valcarce e Tania Peláez os 3.000 m marcha.

Ata Alacante viaxarán un total de 36 atletas galegos, que intentarán mellorar a quinta posición en homes e a sexta en mulleres lograda o ano pasado en Tudela.

Back to top button