
A vila de Trives prepárase para acoller do 22 ao 24 de agosto as festas na honra de San Bartolomé cun programa que pon o acento na música de moi diversos tipos. Ademais da actuación de charangas de de discomóbil, inclúese un concerto de Roi Casal na rúa San Martín o 23 de agosto ás 21:30h.
E, para o día seguinte, poderá bailarse ao ritmo da orquestra Panamá nese mesmo lugar. Estas festas serán organizadas polo Concello de Trives.
