EconomíaEconomíaGalerías de fotosMicoloxíaÚltima hora

Trives estrea con éxito o seu primeiro concurso de tapas micolóxicas

Tiña lugar do 30 de outubro ao 1 de novembro e coincidía coa celebración das XVI Xornadas Micolóxicas do Club Montaña Trives

Numerosas persoas sumábanse á primeira edición do Concurso Tapa Micolóxica que se celebraba na vila trivesa do 30 de outubro ao 1 de novembro a iniciativa do Club Montaña Trives. Nel participaban trece tapas doutros tantos establecementos, que tiñan aos cogomelos como ingrediente principal. A decisión sobre as mellores tapas tomábaa o público a través dunha votación cuxo resultado se coñecía o domingo 1 de novembro.

Así a tapa ganadora era “Cogomelo á galega” de Mesón Museo Bodegón. Estaba elaborada con cogomelos de tempada, segredo caseiro e especias. En segundo lugar quedaba o Café Bar Manolos con “Sinfonía de cogomelos en cama ibérica”, unha receita a base de solombo ibérico, surtido de cogomelos, panceta, tosta de pan, cenoria e cebola. Finalmente o terceiro premio do concurso recaía en “Fabas negras da morte” do Hostal La Viuda, cuxos ingredientes eran trompetiñas da morte, fabas negras, cenoria e cebola.

Ademais de entregar os premios e tamén os diplomas ao resto de establecementos participantes, na tarde do 1 de novembro tamén se sorteaban unha serie de agasallos para as persoas que emitiron o seu voto no certame. Así sortéabase unha tarta de castañas, un libro de micoloxía, un estuche de viño Chao do Couso e unha cea para dúas persoas na Cantina do Cuatro.

Nesa mesma fin de semana celebrábanse na vila as XVI Xornadas Micolóxicas do Club Montaña Trives, cunha notable asistencia tanto ás charlas como á saída ao campo na procura de cogomelos, que logo se expoñían o día 1 de novembro.

Fotos: Club Montaña Trives

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button