OurenseÚltima hora

“Turismo a través do selo”, unha viaxe filatélica por diferentes destinos desde Ourense

 

O vindeiro venres 6 de xuño, ás 12:30 horas, terá lugar a inauguración oficial da exposición filatélica “Turismo a través do selo” no Edificio de Correos de Ourense. A mostra reúne unha coidada selección de coleccións filatélicas dedicadas ao turismo, ofrecendo un percorrido visual por diferentes destinos turísticos nacionais e internacionais a través de selos postais. Trátase dunha oportunidade única para descubrir como a filatelia reflicte a diversidade cultural, paisaxística e histórica do planeta.

A exposición está organizada pola Sociedade Filatélica Miño coa colaboración da Deputación Provincial e Correos buscando achegar ao público xeral e aos amantes da filatelia o valor documental, artístico e educativo dos selos como pequenas xanelas ao mundo.

Durante o acto inaugural, contarase coa presenza de representantes institucionais, membros de Correos, filatelistas e medios de comunicación. A entrada é libre e gratuíta, e a exposición poderá visitarse no horario habitual de apertura do edificio.

Back to top button