ConcellosÚltima hora

Turismo de Galicia destina máis de 300.000 euros á accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño de Santiago

Mouteira de lousa no Camiño de Inverno ao seu paso por Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Diario Oficial de Galicia publicou este luns a convocatoria de axudas dirixidas ás Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e outras entidades sen ánimo de lucro que busquen a promoción da Ruta Xacobea e da súa peregrinación durante o ano 2026. O prazo remata o 20 de maio. A convocatoria forma parte das liñas de actuación impulsadas por Turismo de Galicia, nas que destacan a promoción da cultura xacobea e o coidado e difusión das distintas rutas do Camiño de Santiago.

As solicitudes deberán presentarse, de maneira obrigada, por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cada entidade poderá presentar un único proxecto individual. O orzamento total da convocatoria é de 300.000 euros, cun máximo de 10.000 euros por entidade.

Esta iniciativa reforza as relacións coas asociacións vinculadas ao Camiño e o compromiso coa preservación e proxección internacional do Camiño de Santiago, consolidando unha rede de colaboración clave para o desenvolvemento das rutas xacobeas.

As bases da convocatoria están dispoñibles na sede da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, concretamente, na páxina web institucional de www.turismo.gal

Back to top button