DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A UD Ourense cae ante o CD Allariz no primeiro encontro de liga no Couto

Malia ter a posesión do balón e varias ocasións claras de tiro, o partido rematou 1-2

O primeiro encontro de liga no campo do Couto rematou para a UD Ourense con mal sabor de boca. O cadro convocado por Antonio Dacosta caeu ante o CD Allariz 1-2, malia dominaren os unionistas cunha gran posesión do balón e teren varias ocasións claras de tiro. O marcador abriuno Rubén Durán no minuto 26 da primeira parte e o empate chegou apenas uns minutos despois da man do allaricano Barreiros. O segundo tanto dos visitantes foi xa na segunda parte, no minuto 88, cun gol de Vilariño.

O masivo apoio por parte da grada non foi suficiente para obter a vitoria, unha vitoria que se chegou a acercar por momentos, con ocasións claras de gol. Dominaron os de Dacosta, pero o CD Allariz conseguiu meter en porta as contadas ocasións que tocaba balón. Os visitantes demostraron un xogo máis fluido e directo e unha defensa sólida que, pese á presión, só caíu nunha ocasión. Lévase así os tres puntos da ida.

Pero este primeiro encontro puntuable no Couto tamén rexistrou outras anécdotas que nalgunhas ocasións contaron coa reprobación dos afeccionados. O árbitro foi un dos principais brancos, pois para sorpresa do público, pitou o remate da primeira parte dous minutos antes de tempo. Finalmente recuperáronse na segunda parte, aínda que de novo coa protesta da afección polo medio, pois queixábanse do tempo perdido entre os fóra de xogo.

Fotos: Sara Fontenla

Artigos relacionados

Back to top button