OurenseÚltima hora

UGT FICA entrega o V Premio Rogelia Mariña aos bombeiros da BRIF de Laza

 

UGT FICA entregaba neste 25 de marzo en Santiago o V Premio Rogelia Mariña aos bombeiros forestais da BRIF de Laza. No acto participaban o delegado do Goberno en Galicia Pedro Blanco, así como os secretarios xerais de UGT-Galicia, Cristóbal Medeiros, e UGT-FICA-Galicia, Javier Carreiro, o secretario de Organización de UGT-FICA, Manuel Jiménez, e a propia Rogelia Mariña, ademais dunha representación da BRIF de Laza que recollía o galardón.

O Sindicato recoñeceu así o traballo realizado polos profesionais desta Brigada durante a vaga de lumes que asolou Galicia o pasado verán

Dende este sindicato lémbrase que os Premios Rogelia Mariña, organizados e institucionalizados por UGT-FICA-Galicia, organízanse todos os anos co obxectivo de “manter viva a memoria do compromiso sindical da compañeira que presta o seu nome ao galardón, Rogelia Mariña, que foi despedida no seu momento da súa empresa, Sargadelos, por exercer as súas obrigas como representante de UGT, esixindo o cumprimento do convenio colectivo en todos os seus termos e condicións en beneficio dos seus compañeiros e compañeiras”.

Back to top button