OurenseÚltima hora

Ultímanse os preparativos para a apertura do Museo da Ribeira Sacra en Castro Caldelas

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo unha reunión de traballo no Pazo Provincial con Olegario Sotelo Blanco, patrono da fundación que leva o seu nome, para ultimar a posta en marcha desta nova instalación xunto ao castelo

 

A Ribeira Sacra completará a súa riqueza cultural coa próxima apertura do Museo da Ribeira Sacra en Castro Caldelas, que está ultimando os preparativos para a súa definitiva posta en marcha. Así quedou de manifesto nunha reunión que mantivo o presidente da Deputación, Luis Menor, con Olegario Sotelo Blanco, patrono e impulsor da fundación que leva o seu nome, a prol da riqueza etnográfica da provincia. No encontro de traballo tamén estiveron presentes como membro da fundación Bautista Sotelo, ademais de Marcos Vázquez, director da área de Cultura; e Aurelio Gómez, asesor deste departamento.

Menor valorou a importancia deste proxecto, que conta coa plena cooperación da Deputación e que seguirá “intensificándose” en próximas datas para poñer a disposición da cidadanía un museo que recollerá a inmensa riqueza etnográfica da Ribeira Sacra. “Tanto é así que a exposición renovarase con certa periodicidade, dado o gran volume de fondos do que dispón a fundación”. A natureza e o valor das pezas, dixo Menor, unido á situación nun edificio singular ao carón do castelo, en pleno corazón de Castro Caldelas, “fará deste museo un atractivo máis para un lugar máxico e un xeodestino como é a Ribeira Sacra”.

Artigos relacionados

Back to top button