EconomíaEconomíaÚltima hora

Últimas prazas dispoñibles nas actividades gastronómicas do “Lázaro 2026” en Verín

Imaxe dunha das actividades da pasada edición do Lázaro en Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Verín informa de que quedan últimas prazas dispoñibles para participar nas catas e actividades gastronómicas do Lázaro 2026, que se celebrarán do 20 ao 22 de marzo no marco da Feira de Artesanía e Alimentación.

Estas propostas, organizadas en colaboración coa D.O. Monterrei, a IXP Terneira Galega, AGACAL e produtores locais, permitirán ao público asistente gozar de experiencias gastronómicas guiadas por profesionais, cun formato reducido e prazas limitadas para mellorar a experiencia de usuario

O programa inclúe varias catas, showcookings e degustacións, que teñen un máximo de 20 prazas por sesión, o que fai recomendable formalizar a inscrición canto antes:

Venres 20 de marzo

  • 19:30 h | Queixería Gaia | Cata de queixos de cabra confitados (gratuíta)

Impartida polo mestre queixeiro Iván Cubillas. (Entrada libre ata completar aforo)

Sábado 21 de marzo

  • 11:00 h | D.O. Monterrei | Cata de viños brancos con produto galego (12€)

Impartida por Miguel López e o chef José Luis Prieto. (Inscrición previa obrigatoria)

. 12 h | IXP Ternera Gallega | Showcooking e degustación (gratuíto)

A cargo do chef José Manuel Mallón. (Inscrición previa obrigatoria)

  • 13:00 h | IXP Ternera Gallega | Degustación popular de tenreira (gratuíto)

(Entrada libre ata completar aforo)

  • 17:00 h | AGACAL | Cata de queixos e meles premiados (gratuíta)

Dinamizada por Salomé Beiroa. (Inscrición previa obrigatoria)

  • 18:00 h | AGACAL | Degustación de produtos de Artesanía Alimentaria (gratuíta)

Dinamizada por Salomé Beiroa. (Inscrición previa obrigatoria)

  • 19:00 h | D.O. Monterrei | Cata de viños tintos con produto galego (12€)

Impartida por Miguel López e José Luis Prieto. (Inscrición previa obrigatoria)

  • 20:00 h | Baroncéli | Cata de marmeladas e patés veganos (gratuíta)

Impartida por Juan Matías. (Prazas limitadas) 

Domingo 22 de marzo

  • 11:00 h | AGACAL | Cata de queixos e meles premiados (gratuíta)

Dinamizada por Salomé Beiroa. (Inscrición previa obrigatoria)

  • 12:15 h | D.O. Monterrei | Cata-maridaxe con produto galego (12€)

Impartida por Miguel López e José Luis Prieto. (Inscrición previa obrigatoria)

  • 18:30 h | Queixería Gaia | Cata de queixos de cabra confitados (gratuíta)

A cargo de Iván Cubillas. (Entrada libre ata completar aforo)

*Todas as actividades (agás a degustación popular de tenreira) contan cun aforo máximo de 20 persoas,

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 20 de marzo ás 20:00 horas, momento no que se pechará a reserva de prazas.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través de:

Oficina OMIC (Casa da Xuventude)
Teléfono: 988 414 776
Correo electrónico: blankylm@gmail.com

No caso das actividades de pago, será necesario realizar ingreso previo para confirmar a praza. ES45 2080 5319 5130 0003 2477

Chamamento á participación

O Concello de Verín anima á veciñanza e ás persoas visitantes a aproveitar estas últimas prazas e non agardar ao último momento, xa que se trata de actividades cun formato reducido que permiten gozar dunha experiencia gastronómica única arredor dos produtos de calidade do territorio.

 

Back to top button