Conta atrás para a sétima edición da Carreira e Andaina das Cidades contra o cancro de páncreas de Vilamartín, que promove Acapaval (Asociación contra o Cancro de Páncreas de Valdeorras). Este mediodía tiña lugar unha reunión entre as integrantes da asociación e representantes do Hospital Público de Valdeorras e da área sanitaria ourensá para ultimar os preparativos no relativo á cartelería da proba, prevista para o vindeiro 27 de outubro.
As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición a través da web carreirasgalegas.com.
Fotos: O SIL.
