
Tal e como estaba programado, este sábado 21 de marzo remata o primeiro festival “Ourenclásica” organizado polo Ateneo de Ourense.
Neste terceiro e último concerto contarán con dous grandes intérpretes: José Manuel Álvarez Losada (violín) e Juan Carlos Cornelles (piano), ambos prestixiosos intérpretes dos seus instrumentos. O primeiro, socio do Ateneo de Ourense, ademais de intérprete é comisario do festival, e a persoa “sen a cal tería ser imposible organizar este primeiro festival de música clásica”, din dende o Ateneo, explicando que os outros dous concertos foron os dous sábados pasados.
O concerto será no Teatro Principal ás 20 horas co programa “Música Española para Violín e Piano” que inclúe as seguintes pezas:
Joaquín Turina (1882-1949)
– Sonata nº 2, op. 82
– Lento-Tema-Variaciones
– Vivo
– Adagio-Allegro moderato-Allegretto
Eduard Toldrà (1895-1962)
Sonetos (primeiro caderno)
– Sonetí de la rosada
– Ave María
– Les Birbadores
Manuel Quiroga (1892-1961)
Danza argentina
– 2ª Guajira
Pablo Sarasate (1844-1908)
– Habanera
– Capricho vasco
As entradas poden adquirirse en https://pago.ataquilla.com/#/event/X3AKEFRS/session/1T6P2D0PD/ ou no propio teatro dende dúas horas antes do concerto.