SanidadeÚltima hora

Último día de folga de médicos para esixir un novo estatuto marco e melloras organizativas

 

A deste venres era a última das xornadas de folga consecutivas que os médicos (de todos os niveis asistenciais) tanto ourensáns como galegos iniciaban o luns desta semana para manifestar a súa postura contraria ao anteproxecto de Lei do Estatuto Marco que pretende levar adiante o Ministerio de Sanidade e tamén para reivindicar a posta en marcha de medidas que melloren a organización da Sanidade pública galega e teñan en conta as reivindicacións laborais dos médicos e facultativos do Sergas no caso da Atención Primaria.

O Sindicato de Médicos de Galicia (SIMEGA) cifra en máis do 77% o seguimento medio de médicos e facultativos nos grandes hospitais galegos, nos tres primeiros días da segunda semana da folga indefinida e intermitente convocada para reclamar un Estatuto Propio ao Ministerio de Sanidade. Tamén indica este sindicato que nos hospitais comarcais rexistrouse un elevado índice de participación.

Entre os facultativos que secundaban estaba folga estaban algúns do Hospital Público de Valdeorras, así como do Hospital Universitario de Ourense.

Back to top button