En portadaÚltima horaVídeos

Últimos preparativos no Barco, sede inédita de ‘La Vuelta’, para a saída da 17 etapa ás 13:30 horas

 

Tras ter visto pasar ao pelotón de La Vuelta polas súas rúas en varias ocasións, O Barco de Valdeorras estréase hoxe como sede da carreira.

A saída neutralizada do pelotón será ás 13:30 horas dende a avenida Conde Fenosa, percorrendo a travesía ata saír á N-120 pola ponte de Rubiá e comezar a saída oficial ás 13:41 horas rumbo ao alto do Morredero, en Ponferrada (León), meta desta 17 etapa de La Vuelta 2025, un total de 143,2 quilómetros e dous portos, que os ciclistas correrán nesta maña de chuvia débil e unha temperatura suave de entre 17 e 20º.

Horas antes, a organización ultimaba os preparativos, colocando vallas e arco de saída mentres a Policía Local controlaba xa os aparcamentos e o tráfico.

Fotos: Mónica G. Bellver/ Carlos G. Hervella/ cedidas.

Vídeo: O SIL.

Back to top button