CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Un 91,66% de aprobados na PAU e 1 Excelencia no IES Carlos Casares de Viana do Bolo

O alumno Mauro Alexandre García lograba esa Excelencia Académica, tal e como vén de informar o centro

Alumnado do IES Casares de Viana no inicio das probas da PAU./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Desde o IES Carlos Casares de Viana do Bolo vén de expresarse a súa “ledicia e as nosas felicitacións ao alumnado de 2° de Bacharelato polos resultados logrados no curso actual, no que se conseguiu a titulación total da aula e polas cualificacións da PAU 2026 cun 91,66% de aprobados (antes das reclamacións)”, segundo se explica dende o centro.

Así mesmo, o instituto vianés resalta que “o punto culminante deste éxito chega coa excelencia académica do alumno Mauro Alexandre García Eléxpuru; é o premio merecido por unha traxectoria excepcional e polo esforzo realizado no aspecto académico e humano ao longo da súa estadía no instituto”.

 

Foto cedida.
Back to top button