
Ás 16:30h. desta tarde producíase un accidente de tráfico na estrada AG-53 (dirección Santiago A-52) pk 87, sentido crecente, no termo municipal de Toén. Un camion-furgón saíase da vida e quedaba envorcado sobre a calzada, cortando o carril.
O condutor do camión resultaba ileso. Nese tramo conflúe o carril de acceso cara á A-52 sentido Vigo, quedando libre o acceso ao sentido A-52 Ourense, polo cal tamén é posible acceder ao sentido Vigo, segundo informa a Garda Civil de Tráfico.
