
Na autovía A-52, ao seu paso polo municipio da Gudiña, rexistrábase esta mañá un accidente de tráfico, arredor das 10:30h. O sinistro tiña lugar no quilómetro 124,800, en sentido de circulación decrecente. Producíase un alcance dun vehículo articulado a outro vehículo articulado que se atopaba avariado, incendiándose un dos dous vehículos.

Como consecuencia do accidente, está totalmente cortada netes momentos a circulación sentido decrecente “desviando a mesma pola poboación da Gudiña, PK 129 ata PK 119 por N-525, segundo informa a Garda Civil. Ademais sacábase en sentido contrario a vehículos que quedaran atrapados no corte.
O temor á propagación do incendio cara a zonas de monte ou arboradas promoveu un operativo no que, ademais dos bombeiros comarcais, participaron os membros do GES e do Distrito Forestal da zona. De feito, o traballo dos equipos de extinción centrouse en acoutar o lume e evitar que se estendera, segundo informa o 112 Galicia.
Finalmente, o camión ardeu na súa totalidade sen causar máis danos na contorna nin feridos. “Iso si, os condutores do ambos os dous vehículos necesitaron asistencia médica, aínda que estaban conscientes e accesibles e as lesións foron provocadas polo impacto e non polo incendio”, citando a información do 112 Galicia.
O 112 Galicia recibía o primeiro aviso sobre o suceso ás 10:30 horas desta mañá. “Isto posibilitou que se puxeran en marcha os protocolos de intervención necesarios, como a solicitude de axuda aos Bombeiros de Verín, aos membros do GES da Gudiña e ao persoal do Distrito forestal da zona. También acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico, xa que houbo que cortar a circulación en sentido Benavente e activar rutas alternativas”, citando ao 112 Galicia.
Arestora, están pechados os carrís lento e dereito, está aberto só o esquerdo. Esta tarde reavibábase o lume nun dos semirrremolques, pero xa está extinguido.
Fotos e vídeo cedidos.