A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Un animado desfile de comparsas pon o broche de ouro ao CarnaVrao 2026 na Rúa

 

Non eran moitas pero a imaxinación, colorido e animación das que había valían dobre. Un total de sete comparsas participaban, na tarde deste sábado 11 de xullo, no desfile que poñía o broche ao programa do CarnaVrao 2026, organizado pola Asociación San Cristóbal, da Rúa.

 

 

Comezaba pasadas as 20:15 horas dende a rúa Campogrande  ao son da Tambukada de Lugo que marcaba o ritmo do desfile no que participaban Esto no es Hawaii, que guay; Las bandoleas del Sil; Pacorama; Casa de Benito; Orquídeas S.L.; Rodeo; e ¡Somos mundiales!

 

 

O xurado estaba na praza do Concello e velando pola seguridade ao tempo que controlaban o tráfico, a Policía Local da Rúa e voluntarios das agrupacións de Protección Civil de Larouco, Petín e A Rúa.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button