Arredor das 21:15h. deste 15 de novembro o 112 Galicia recibía un aviso dun incendio na empresa Cedie, situada na avenida de Galicia do Barco, un dos accesos á vila.
Ata o lugar desprazábase de inmediato a Policía Local, así como o GES Valdeorras e os bombeiros do parque comarcal, Protección Civil e a Garda Civil, que inspeccionaban a zona de oficinas. Ardía unha caixa de rexistro de cables, no intre de escribir estas liñas o lume estaba xa apagado e os equipos de emerxencia supervisaban o lugar.
Fotos: O SIL.