ConcellosO BarcoÚltima hora

Un aviso de incendio nun edificio do centro do Barco mobiliza aos equipos de emerxencia

 

Contra as 13h. deste 26 de novembro os servizos de emerxencia mobilizábanse na vila do Barco por un aviso de incendio na céntrica rúa Marcelino Suárez. Unha estufa ardía nun quinto piso dun dos edificios desta rúa, situado nas proximidades da praza do Concello.

Ata alí desprazábanse de inmediato a Policía Local, ademais do GES Valdeorras e os bombeiros do parque comarcal con dous vehículos, que sofocaban as chamas.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button