Xa é unha tradición. A maiores da lectura do manifesto que tiñan no mediodía do venres 6 de marzo, en Petín conmemoran o Día Internacional da Muller cunha cea que na noite do sábado volvía xuntar a un cento de persoas arredor da mesa.
Mulleres de diferentes idades e concellos (de Petín, A Rúa, Vilamartín,…), que entre risas, charlas, cancións e moi bo ambiente, degustaban un contundente menú a base de entremeses, empanada e costela asada con patacas, ademais do postre, viño, café e licores.
E xusto a medianoite, cando xa era 8M, as asistentes alzaban as copas felicitando á alcaldesa de Petín, Raquel Bautista, polo seu aniversario. Despois era a quenda do baile ata a madrugada ao ritmo de Dj Dani.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.