ConcellosO BarcoÚltima hora

Un cento de veciños xúntase na cea de San Xoán na Proba (O Barco de Valdeorras)

 

Un ano máis a Asociación de Veciños As Cancelas da Proba, no concello do Barco de Valdeorras, organizaba unha rica cea para celebrar o San Xoán.

 

 

Tiña lugar na tardiña do sábado 27 de xuño e reunía a un cento de veciños que, ademais de cear, desfrutaban da xuntanza xogando ao bingo, entre outras actividades.

 

 

Ademais do San Xoan, e outras reunións veciñais, a asociación organiza tamén a festa do 15 de agosto en cuxa programación xa están traballando.

 

 

Fotos: Sandra García.

Back to top button