ConcellosTrivesÚltima hora

Un ciclista ten que ser evacuado en helicóptero tras sufrir unha caída na Estación de Montaña Manzaneda

 

Na tarde deste domingo 22 de xuño un ciclista tiña que ser evacuado en helicóptero tras sufrir unha caída no aparcadoiro da Estación de Montaña Manzaneda, tal como explican dende o 112 Galicia que minutos antes das catro da tarde recibía unha chamada de alerta “por un ciclista ferido por mor dunha caída”.

Con esta información, os xestores do Centro Intregrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de onde partiron as indicacións para a mobilización dun equipo a bordo do helicóptero con base en Ourense. “Este mesmo equipo foi o que se encargou de proporcionar ao ferido os primeiros coidados e organizar o seu traslado na aeronave”, puntualizan dende o 112 que tamén informaba aos axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Pobra de Trives, que colaboraron nas labores de aterraxe do helicóptero.

Back to top button