ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Un cómic moi especial, creado polo polifacético Anxo Baranga, para o cartel das Festas do Cristo do Barco

O programa, que se estenderá do 12 ao 15 de setembro, inclúe unha gran variedade deportiva

 

É a imaxe coa que se dá a coñecer o programa e que identifica ás festas máis alá da vila, por iso o cartel é unha parte moi importante na promoción dunha festa. No caso do Cristo, no Barco de Valdeorras, o autor é sempre coidadosamente escollido, recalando nesta ocasión no valdeorrés Anxo Baranga. “Un gran artista, moi polifacético, tan prolífico como humilde e un debuxante alucinante ”, en palabras da concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, na presentación, explicando que xa fixera un cartel pero este ano “quixo rachar cun cómic con moitos guiños ás festas e todos os elementos que nos representan e nos diferencian doutras festas”.

 

 

Están os cabezudos, as Calantornias, o chupinazo, o río coa barca, as piraguas e como non o Nazareno coa tipografía de Castelao presidindo o título da Festa do Cristo, con doce viñetas que compoñen a obrana que  desfilan os símbolos da celebración, acompañados por unha reinterpretación do pregón que Florencio pronunciara a comezos do anos 80.

 

 

Xunto ao cartel, a concelleira daba a coñecer o programa de man, que recolle a primeira saúda de Aurentino Alonso como alcalde do Barco, reseñas da pregoeira e do autor do cartel e xa despois do chupinazo o programa en si, cronolóxico, con ubicación e hora no que como novidade aparece o horario de tirada de bombas a petición popular. Imprimiron 3.000 unidades que repartirán por todas as dependencias municipais e diferentes establecementos comerciais e hostaleiros para que “chegue a todo a mundo”.

 

 

Xunto á presentación do cartel, o concelleiro de Deportes e actual alcalde do Barco, Aurentino Alonso, falaba do apartado deportivo sen o cal non se entenden as Festas do Cristo. Cos clásicos (Madrugón, Descenso, Milla) e tamén outras que se foron incorporando como fútbol sala, petanca, e este ano por primeira vez un torneo de tenis, ademais do partido de liga do CD Barco.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button