EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Un concurso premiará á mellor albóndega feita con viño da D.O. Valdeorras

O certame terá lugar o 1 de xuño, no marco da celebración da XXVI Feira do Viño de Valdeorras

 

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, en colaboración con Turismo de Galicia, convocou un concurso de elaboración da mellor albóndega de Valdeorras, no marco da celebración da XXVI Feira do Viño de Valdeorras.

A celebración do concurso realizarase o domingo día 1 de xuño de 2025 ás 13.00 horas na carpa habilitada para elo nos xardíns da Casa Grande de Viloira.

A inscripción no concurso, dirixido a persoas maiores de 18 anos, deberá realizarse no C.R.D.O. Valdeorras presencialmente ou enviando a folla de inscrición ao correo: consello@dovaldeorras.com, antes do día 27 de maio de 2025 ás 14.00 horas.

A receita

O concurso consistirá na elaboración dunha receita de algóndegas, para un mínimo de 6 persoas, na que o único ingrediente obrigatorio será un viño pertencente a calquera adega da D.O. Valdeorras e, para elo, deberán demostrar que o utilizaron, nun vídeo grabado mentras elaboran a receita. Os ingredientes de dita receita, tamén deberán ser enviados, xunto coa folla de inscrición.

Todos os participantes entregarán as albóndegas elaboradas no stand de venda de tíckets do Consello Regulador, e enviarán o vídeo da súa elaboración ao correo indicado, antes das 12.30 horas do día 1 de xuño. Cada mostra será numerada de manera anónima para que o xurado no coñeza a súa autoría.

Para a valoración e puntuación da receita teranse en conta os ingredientes utilizados, a innovación na elaboración do prato, a textura e firmeza da albóndega, e por suposto, a opinión dos membros do xurado tras a súa degustación.

 

 

Premio ao vídeo da elaboración máis divertida

Ademais de premiar a mellor receita elaborada, o concurso premiará o vídeo de elaboración máis divertida, e será publicado nas Redes Sociais do C.R.D.O. Valdeorras. Todos os vídeos recibidos poderán ser visionados na pantalla da feira durante a tarde do día 1 de xuño.

O fallo do xurado coñecerase o día 1 de xuño ás 21.00 horas na feira, e outorgará un 1º premio de 150 euros, un 2º premio de 100 euros, un 3º premio de 50 euros, e un premio de 100 euros para o Mellor Vídeo de elaboración das albóndegas. Os gañadores recibirán ademais, un trofeo, e todos os participantes se levarán un detalle pola súa participación.

Bases do I Concurso “A Mellor Albóndega de Valdeorras”

Back to top button