OurenseÚltima hora

Un condutor sae polos seus propios medios dun coche aplastado contra a barreira de seguridade na A-52, en Cenlle

 

Esta madrugada, arredor das 5:50h., tiña lugar un accidente de tráfico na A-52, punto quilométrico 241, Cenlle, sentido Vigo. Producíase o impacto entre un camión e un turismo. “Posiblemente, unha avaría previa no turismo, provocou que o condutor abeirase e un camión batese contra el. O coche quedou aplastado contra a barreira de seguridade da vía, mais o ocupante conseguiu saír polos seus propios medios”, tal e como vén de informar o 112 Galicia, indicando ademais que esa persoa “presentaba algunhas lesións, polo que foi evacuado ao centro hospitalarios de referencia por unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Con todo, sorprende que o ferido puidese saír a xulgar polo estado e posición na que quedou o vehículo tras o impacto. Así o manifestaron os Bombeiros do Carballiño, que acudiron alertados polo 112 Galicia, aínda que descartaron intervir ao comprobar que o ocupante estaba xa fóra do coche”.

Ademais de bombeiros e sanitarios, neste operativo participaron os membros do GES de Ribadavia e os axentes da Garda Civil de Tráfico, segundo os datos achegados polo 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button