SanidadeÚltima hora

Un curso sobre abordaxes craneais abre en Ourense a XXXII Reunión da Sociedade Galega de Neurocirurxía

O encontro terá lugar o 14 de xuño e será organizada polo Servizo de Neurocirurxía do Hospital Universitario de Ourense. A presidenta do comité organizador é a doutora Ana Pastor Zapata

 

A XXXII Reunión da SOGANE (Sociedade Galega de Neurocirurxía) terá lugar o venres 14 de xuño no Hotel Laias Caldelaria e será organizada polo Servizo de Neurocirurxía do Hospital Universitario de Ourense. A presidenta do comité organizador é a doutora Ana Pastor Zapata, xefa do mencionado servizo.

O programa tiña como limiar un curso  precongresual con diversos tintos de abordaxes craneais para residentes dos hospitais de Galicia que se celebraba hoxe na Xefatura Territorial de Sanidade.

 

A doutora Ana Pastor, presidenta do comité organizador da reunión.

 

Xa mañá ás 9h. encetarase o programa da reunión cunha primeira sesión de comunicacións, moderada por Adolfo de La Lama e Rocío López. Constará de diversas sesións académicas “que describirán varias técnicas en cuanto a cirurxía de cabeza e de columna e que permitirán compartir experencias de diferentes servizos de neurocirurxía de Galicia e doutras partes do país”, explica o neurocirurxián do CHUO, Pedro González.

 

 

O Servizo de Neurocirurxía coida aos pacientes que “teñen problemas da columna vertebral, así como problemas do cerebro, como hemorraxia cerebrais, así como tumores benignos e malignos”, matiza Ana Pastor, xefa do Servizo de Neurocirurxía da área sanitaria ourensá. Tamén destaca que a neurocirurxía “ten evolucionado de maneira impresionante, dende o punto de vista tecnolóxica temos, por exemplo, o que se chama o navegados, que é como un GPS que nos permite identificar os tumores no cerebro de xeito máis seguro”.

 

Back to top button