
Unha persoa resulta ferida grave, tras un accidente na estrada N-120, á altura do quilómetro 563, ao seu paso por Velle. “O 112 Galicia tivo constancia do sinistro arredor das 10:30 horas, a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaba dunha colisión entre unha motocicleta e un turismo. Pouco despois, un particular contactou tamén co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias para indicar que o motorista sufrira unha caída e presentaba feridas de gravidade”, segundo informa o 112 Galicia.
Desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.
Pola súa banda, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 “mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que finalmente non foi necesario o seu uso. O motorista foi evacuado en ambulancia ao hospital de referencia tras sufrir a amputación dunha extremidade inferior”, tal e como informa o 112 Galicia.
Fotos cedidas.
