CulturaCulturaEntroido 2026Última hora

Un fulión “miúdo” percorrerá as rúas de Viana do Bolo o Luns de “Entrudio”

 

Entre as datas do Entrudio vianés hai unha reservada aos máis xoves. Trátase do Luns de Entrudio, 16 de febreiro, unha xornada que comezará cun “enorme Fulión Miúdo” a partir das 16:30h. dende a rotonda do Boteiro de Viana do Bolo. Percorrerá a vila ata rematar na praza Maior.

Unha vez alí, están previstos xogos, bailes, música e animación e, ao remate, unha chocolatada para todos. Ademais dende o Concello lembran que o cartel deste ano, “Desde Viana para o mundo”, é obra de Anxo Diéguez Guerra, gañador da 1ª edición do “Concurso Cartel do Entrudio Infantil 2026”.

Back to top button