OurenseÚltima hora

Un home resultaba ferido ao sufrir unha caída en Calvos de Randín

 

Eran as 14:45 horas desta tarde cando o 112 Galicia recibía o aviso de que un home resultaba ferido a sufrir unha caída nunha casa do lugar de Fidalgos (Calvos de Randín), a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Na súa chamada, comunicaban ademais a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse á Garda Civil, aos membros do GES de Muíños, que se desprazaron ao lugar, e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Calvos de Randín, segundo informa o 112 Galicia.

A persoa ferida era evacuada ao centro hospitalario de referencia no helicóptero medicalizado con base en Ourense, no que se desprazou ao lugar do accidente o persoal sanitario.

Artigos relacionados

Back to top button